Neste tramo abandonamos Rianxo para adentrarnos no concello de Boiro, e facemos algún tramo común coa primeira edición, a do ano 2014. Nada máis comenzar o tramo subimos ata o precioso mirador de Castro Barbudo, onde se divisa toda a ría de Arousa e vese, ao fondo, a chegada na Pobra. Báixase ata cruzar o río Beluso, pola aldea de Bealo, a capela de San Ramón, e vaise subindo por corredoiras dende Xián ata Belles e ata o Alto do Pusadoiro (300m snm). Vólvese baixar, de novo por sendeiros, camiños e vellas corredoiras ata cruzar o río Coroño, onde está o final deste tramo, en Pazos.
O avituallamento en Pazos ten servizos hixiénicos. Este é o tramo con maior descenso acumulado de elevación (680m)
Tramo 5: Ourille – Pazos – Os 100 do 2016
- Tramo: Do km 72,6 ó km 86,0
- Distancia: 13,4 km
- Incremento acumulado de elevación: +419 m
- Pérdida acumulada de elevación: -680m
- Elevación media: 144m
- Elevación mínima: 24m
- Elevación máxima: 322m
Algúns lugares destacados neste tramo son:
- Miradoiro de Castro Barbudo
- Aldea de Bealo
- Petróglifo de Laxe da Serpe
- Igrexa de San Ramón de Bealo (e romería)
Perfil
Mapa global na península do Barbanza
Mapa específico do tramo
Fotos
[Ver o tramo anterior, das Minas de San Fins a Ourille]
[Ver o tramo seguinte, de Pazos á Portela]