Como chegar e aloxamento

[Ver versión en español]

[Ver tamén ACTIVIDADES PARA ACOMPAÑANTES]

Por se desexas chegar un día antes, ou quedar un día máis, ou vir con acompañantes, hai unha manchea de opcións nos concellos do Barbanza

Aloxamento con ofertas especiais na Pobra do Caramiñal

Os seguintes aloxamentos acordaron ter un prezo especial para os participantes e acompañantes que acudan ós 100 dos International Trekkers.   Cando se contacte, habería que mencionar a oferta e que se acude á proba.

hotel-lombina
  • Hotel Lombiña, a 2,5km da saída, e a 400m da praia de Cabío, está situado nun ambiente tranquilo.

O presuposto de aloxamiento para os días 23, 24 e 25 de xuño é:

Habitación doble: 75 euros.
Habitación doble para uso individual: 61.50 euros.
Habitación doble con cama supletoria: 102.50 euros.

Desconto do 15% sobre o prezo para estancias de 2 ou máis noites.

  • Hotel Cabío, a 2,5km do lugar de saída, e en plena praia de Cabío.  Os 100 pasan por diante do aloxamento.

O presuposto de aloxamento neses días é:

Habitación doble con vistas ó mar 50.00
Habitación doble traseira 45.00
Habitación individual 40.00

(I.V.E. 10% non incluído.)

 A todos os participantes nos 100 que indiquen ó reservar que son participantes e reserven alomenos 2 noites faráselle un desconto de 5€ por noite.

hotel cabío

 

Como chegar á Pobra do Caramiñal?

A saída e chegada da proba está localizada na Pobra do Caramiñal, que está situada no oeste da península do Barbanza.

As distancias a distintos puntos son: (segundo Google Maps)

      • Santiago de Compostela 58 km. (55 minutos)
      • Vigo 88km (65 minutos)
      • A Coruña 130km (1 h 25 minutos)
      • Madrid 650km (6h 20 minutos)
      • Porto 230 km (2 horas 20 minutos).

Transporte público

O mellor xeito de chegar á Pobra en transporte público é mediante autobús, dende Padrón ou Santiago. A compañía que realiza este servizo é Arriva Noroeste.  Os autobuses paran na estación de autobuses de Santiago, ou próximos á estación de trens. Tamén paran na estación de autobuses de Padrón, que está a un paseo de 5 minutos da estación de tren.  Os horarios pódelos atopar nesta páxina.

Dende outras localidades pódese chegar en autobús, tren ou avión a Santiago, que é a cidade de referencia, e alí coller o autobús ata a Pobra.