Os 100 do 2016

A 3ª edición dos 100 dos International Trekkers vaise celebrar o 25 de xuño de 2016, saíndo da Pobra do Caramiñal ás 17:00h.  Percorrerá os concellos de Ribeira, O Son, Noia, Lousame, Rianxo, Boiro para regresar á Pobra nun prazo máximo de 24 horas.  A proba poderase facer andando (ultrandaina) ou correndo (ultratrail). En calquera caso, é unha proba non competitiva, con apoio loxístico a todos os participantes (avituallamentos, asistencia médica, traslados, entrega de equipaxe nos km. 50…), sempre que entren nos tempos mínimos establecidos pola organización.

Sen embargo, cómpre indicar que non é unha proba competitiva. Si se publicarán os tempos de paso intermedios e finais na web, pero non se premiará ós que cheguen primeiro.

Mira máis info no itinerario ou no regulamento.

Ler (e oir) novas publicadas en varios medios de comunicación.

Ver horas de paso polos avituallamentos, tempos e velocidades parciais.

Ler (e oir) blogs, fotos e novas despois dos 100

Queres botar unha man?  Faite voluntario!!

Subindo polos Castelos de Vitres na edición do 2015
Subindo polos Castelos de Vitres na edición do 2015