Os ITBS

Voluntarios na edición do 2015
Voluntarios na edición do 2015

Os ITBS, International Trekkers Barbanza Sar, é un club de montañismo composto por entusiastas das bisbarras do Sar (concellos de Padrón, Rois e Dodro) e do Barbanza (concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Ribeira e Porto do Son). O club foi fundado en 2013 para poder organizar e xestionar a primeira proba en Galicia de ultrafondo (100 km en 24 horas).

Os ITBS está composto por fondistas con moita experiencia en probas de ultrafondo, sendo moi habitual a súa presenza en andainas de 50km pola xeografía galega e norte de Portugal. Son uns habituais na Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo.

Durante a proba, aparte dos membros dos ITBS, hai voluntarios que axudan de escobas, avituallamentos, chegada, transporte de alimentación e de abandonos… En total, un equipo de 45 persoas estivemos as 24 horas facendo posible a edición do 2015.