Tramo 9: Pazos – A Portela

Este tramo é todo de subida, cunha subida acumulada de 509 metros. Vaise subindo paulatinamente, primeiro por unha corredoira moi antiga, a Calzada do Ordenario, logo dende Mosquete por pistas máis anchas. Vaise collendo altura e aproximándose ó concello da Pobra, aínda que este tramo transcurre en toda a súa totalidade polo Concello de Boiro.

Optamos a ter un tramo breve debido á que hai unha subida acumulada importante e a súa posición na proba, chegando ó final e pensamos que a xente chegará xa coas forzas xustas.  Non son subidas empinadas, pero si constantes, ao principio con zonas de sombra, pero a medida que alcanzamos altitude, esta empeza a desaparecer.

Tramo do km 86 ó 92

  • Distancia: 6km
  • Incremento acumulado de elevación: +509 m
  • Pérdida acumulada de elevación: -51m
  • Elevación media: 241m
  • Elevación mínima: 32m
  • Elevación máxima: 490m

Algúns lugares destacados no tramo:

  • Calzada do Ordenario

 

Perfil

tramo9-desnivel

Mapa global na península do Barbanza

tramo9-global

Mapa específico do tramo

tramo9-mapa

Fotos

[Ver o tramo anterior, de Ourille a Pazos]

[Ver o tramo seguinte, da Portela á Pobra]