Tramo 7: Minas de San Fins – Ourille

No comezo deste séptimo tramo continuamos subindo ata chegarmos a unha altura media de 300m sobre o nivel do mar, para logo manter esta altura na dorsal do Monte Muralla (Monte Muralla que se subíu na edición pasada).  Neste tramo percórrense os concellos de Lousame e Rianxo e apenas se utiliza o asfalto, e si os vellos camiños e corredoiras que se están deixando de utilizar na vida diaria.  Outra tramo nocturno, dende as Ladeiras de Vilas verase a costa da Ría de Arousa e ó fondo, o perfil da Curota.  Atravésanse o núcleo de varias aldeas, como Silvarredonda, As Vilas, Bursó e As Arribas, ata chegar a Ourille.

Tramo 7:  Minas de San Fins – Ourille – Os 100 do 2016

  • Tramo: Do km 63,0 ó km 72,6
  • Distancia: 9,4 km
  • Incremento acumulado de elevación: + 321 m
  • Pérdida acumulada de elevación: – 256 m
  • Elevación media: 319 m
  • Elevación mínima: 228m
  • Elevación máxima: 368m

Perfil

tramo7-desnivel

Mapa global na península do Barbanza

tramo7-global

Mapa específico do tramo

tramo7-mapa

Fotos

[Ver o tramo anterior, de Noia ás Minas de San Fins]

[Ver o tramo seguinte, de Ourille a Pazos]