Tramo 5: Alto de Guiende – Noia

O quinto tramo, que tamén se percorrerá de noite é todo de baixada, abandonando o alto da Serra do Barbanza e chegando á vila de Noia, a nivel do mar na ría de Noia.  Logo de cear, baixarase por riba das canteiras de Tállara e a continuación pola divisoria dos concellos de Lousame e Noia, nunha zona cun notable desnivel (zonas con pendente do 20%, menos mal que son de baixada). No intervalo dun quilómetro descéndense 150m.

Pásase moi preto da Pedra da Moura, de Argalo, para chegar a Sobreviñas polo antigo Camiño Sacramental. Descéndese dende aquí nun tramo de 500 a carón da estrada (coidado!) ata a Ponte de Grande de Noia.  Entramos no casco urbano de Noia e achegámonos ata a Praza do Tapal, onde se atopa a Igrexa de San Martiño.  Voltaremos a cruzar o río de San Xusto para entrar no barrio de San Lázaro, onde se atopa o campo de fútbol da vila e lugar do avituallamento.  (Nota: avituallamento con servizos hixiénicos).

  • Tramo: Do km 46,4 ó km 53,0
  • Distancia: 6,6 km
  • Incremento acumulado de elevación: +74 m
  • Pérdida acumulada de elevación: -513m
  • Elevación media: 210m
  • Elevación mínima: 1m
  • Elevación máxima: 462m

Algúns lugares destacados neste tramo son:

Perfil

tramo5-desnivel

Mapa global na península do Barbanza

tramo5-global

Mapa específico do tramo

tramo5-mapa

Fotos

lugar da cea Lugar da cea
   
   Pedra da Moura (Argalo)
 Camiño Sacramental -Sobreviñas-  Ponte Grande de Noia
 Cara o Tapal  Igrexa de San Martiño no Tapal

[Ver o tramo anterior, da Portela ó Alto de Guiende]

[Ver o tramo seguinte, de Noia ás Minas de San Fins]