Instruccións día da proba

INFORMACIÓN EN GALEGO (En español)

Estimad@s amig@s,

O vindeiro 25 de xuño, sábado, tedes unha cita para facer 100km na Pobra! Ante todo moitas grazas por tervos inscritos na terceira edición da 1ª andaina/ultratrail de 100km en Galicia. A continuación hai unhas notas importantes sobre a organización dos 100 deste ano.

1. Lembra que é **obrigatorio** levar:

  • Un frontal, para a noite
  • Un móbil con carga suficiente e saldo
  • Un contenedor de líquidos tipo cantimplora. A organización non proporcionará botellíns, senón botellas grandes para rechear.
  • Un chifre (silbato)
  • A pulseira que sirve de dorsal que vos identificará como participantes, co voso número de dorsal. Tamén a deberedes ter para utilizar duchas e xantar de confraternización na chegada
  • Gorro ou pano na cabeza
  • Opcional, pero recomendado: GPS co track.

2. Podedes ver o track desta edición en wikiloc.

3. Información sobre avituallamentos: Haberá avituallamentos cada 10km. Podes velos en http://2016.itrekkers.org/itinerario-2016 En cada avituallamento haberá auga, aquarius, froita fresca e barritas; en moitos haberá café, cocacola, rosquillas, froitos secos… A maiores, no km. 46 haberá unha cea quente (sopa, pasta e musliños de polo). No km 73 teredes un chocolate quente para abrir o día.

4. Información sobre servizo de traslado de bolsas. Como en anos anteriores, poremos á disposición dos participantes bolsas para que vos traslademos o que queirades (calzado, roupa, frontais, baterías, comida…) a distintas partes do percorrido. Como novidade, na saída, xunto co dorsal, darémosvos 3 bolsas:bolsa1

  • A. A bolsa laranxa levarémosvola ó km 25 (avituallamento de Valle Inclán)
  • B. A bolsa azul, á cea, no Alto de Guiende, no km 46
  • C. A bolsa branca, a Pazos, no km. 86.

Facede a vosa estratexia e pensade qué material queredes que vos levemos a cada un deses puntos. Dende eses avituallamentos as bolsas levarémolas de volta á Pobra, ao lugar de saída/chegada, e estarán disponibles a medida que se vaian pechando os controis.

Tódalas bolsas as trasladaremos de volta á Pobra.

5. A saída e a chegada. Está na Praza Maior na Pobra do Caramiñal, neste lugar: 42°36’24.6″N 8°56’15.7″W. Hai diversos lugares para aparcar e deixar o coche, pero este quizais sexa o aparcamento máis cómodo. Os que veñades en bus, tedes a parada moi cerca, a menos de 400 metros.

A entrega de dorsais e bolsas, será entre as 14.30h e as 16.30h. Nese mesmo período de tempo é cando nos tedes que entregar as bolsas laranxa, azul e branca que queredes que vos levemos ó medio do percorrido. Por favor, tede en conta cal é o voso número de dorsal  porque haberá 5 colas (do 1 ó 50, do 51 ó 100, do 101 ó 150, do 151 ó 200, e do 201 ó 250).

Na chegada haberá duchas (a partir das 0.00h). Aqueles que cheguen moi pronto ou abandonen durante a noite poden repousar nunca carpa a rentes do local das duchas. Pero lembra que as bolsas coas tuas pertenzas volverán á Pobra conforme o control onde se atopan se peche, así que prevé esta situación. Hai praias cerca por se queredes pegarvos un chapuzón.

A partir das 12.30 aprox. empezará o ambiente, tendo animación e acceso a cervexa e auga. E a partir das 14.00 un xantar de confraternización entre voluntarios e participantes. Os anos pasados foi un éxito, e recomendávosvos que non vola perdades.

6. O teléfono de emerxencias durante a proba é o 644 458 898 e dispón de whatsapp. Este teléfono se debe utilizar únicamente para emerxencias. Exemplos de emerxencias. Perdinme e non sei regresar; desapareceron marcas; teño unha emerxencia sanitaria; vexo un incendio forestal, e calquera outra incidencia que consideres unha emerxencia. O teléfono empezará a estar operativo o día da proba ás 17h.

7. Por favor, se tes que abandonar a proba por calquera circunstancia, faino nalgún control/avituallamento. Hainos cada 10km e vas axudar moito á organización abandonando alí e non en calquera outro lugar. Dende o avituallamento achegaráseche á saída/chegada na Pobra. **NOTIFICA SEMPRE O TEU ABANDONO A PERSOAL DA ORGANIZACIÓN**. Ademáis, é na chegada da Pobra onde vos darán os agasallos. Non podemos garantir que non teñades que agardar un anaco ata que vos trasladen á Pobra.

8. MARCAS. Hai 4 tipos de marcas durante o percorrido da proba:

A. En superficimarcase: puntos (ou frechas) laranxa e azul (pintura eco, desaparece en 20-30 días…)
B. Penduradas: 2.400 cintas branquirroxas reflectantes
C. Durante o tramo de noite para a maior parte dos participantes (km. 25 a km. 80) haberá 2.000 barras fluorescentes indicando o camiño. As barras non son luces, polo que non agardes que sexan totalmente visibles dende a distancia; pero si son totalmente recoñecibles a 30 metros.
D. Postes de “siga el dedo” e de punto km. cada 5 km. Ademáis, cada km está marcado o punto kilométrico (cunha precisión +/- 100m)

 

Somos conscientes de que vai haber xente ou vacas (no monte) que quiten cintas, ou que quiten postes… É o que hai, pero aínda así intentaremos facer un seguimento o mesmo día de tódalas zonas que pensemos que poden ter algún problema.

9. Máis información actualizada. Mira o noso facebook regularmente antes da proba . Aí colocamos a última información, e pode ser un ponto de encontro con dúbidas. Por suposto, tamén nesta web.

10. Queda totalmente prohibido contaminar. Procuramos limitar o impacto ambiental dunha proba coma esta, polo que calquera participante ó que se vexa botar ó chan calquera tipo de lixo será automáticamente descualificado.

11. WC. Haberá servizos hixiénicos con seguridade nos avituallamentos de Noia (km 53), Minas de San Fins (63), Pazos (86) e A Pobra (100)

12. Seguimento dos participantes. Por primeira vez, os vosos familiares, amigos, fans e seguidores poderán seguir en tempo real as vosas andanzas polo Barbanza, a través de web. Desenvolvimos unha app propia e en cada punto de control actualizará en tempo real a nosa base de datos cos tempos, polo que, poñendo o dorsal, poden saber ónde estades e qué tempo estades facendo.

Tamén, subiremos fotos ó noso facebook e ó Twitter co hashtag #os100.

13. Seguro. Aqueles que non esteades federados ides ter un seguro de Allianz de accidentes.

14. Por último, lembrade que os 100km son sobre todo cousa de coco. Non vos desesperar. Vólvemos recomendar o que escribíu Fernando, un experto en probas deste tipo en

Tamén, hai un equipo de máis de 50 voluntarios que non van durmir para axudarvos a chegar de volta á Pobra. Pode que algunha cousa non saia ben, pero tede a seguridade de que levamos moitas semanas traballando arreo para que todo saia perfecto.

Moito ánimo, que faga un día fermoso para facer os 100km e vémonos o sábado 25.

A organización!


INFO EN ESPAÑOL

Estimad@s amig@s,

Teneis una cita el próximo 25 de Junio, sábado, para realizar los 100km en Pobra do Caramiñal!. Ante todo muchas gracias por haberos inscrito en la tercera edición de la 1ª andaina/ultratrail de 100km en Galicia. A continuación disponeis de notas importantes sobre la organización de los 100 de este año.

1. Recordar que es **obligatorio* llevar:

  • Un frontal, para la noche
  • Un móvil con carga suficiente y saldo
  • Un contenedor de líquidos tipo cantimplora. La organización no proporciona botellines, dispone de botellas grandes para rellenar.
  • Un silbato
  • La pulsera que sirve de dorsal os identifica como participantes, con vuestro número de dorsal. También debereis llevarla para tener acceso a las duchas y a la comida de confraternización en la llegada
  • Gorro o pañuelo para la cabeza
  • Opcional, pero recomendado: GPS con el track.

2. Puedes ver el track de esta edición en wikiloc .

3. Información sobre avituallamientos: Habrá avituallamientos cada 10km. En general en los avituallamientos habrá agua, aquarius, fruta fresca, barritas; en muchos habrá también café, cocacola, rosquillas, frutos secos… A mayores, en el km. 46 habrá cena caliente (sopa, pasta y muslitos de pollo). Para dar la bienvenida al día, en el km. 73 tendreis chocolate caliente.

4. Información sobre servicios de traslado de bolsas. Como en años anteriores, pondremos a disposición de los participantes bolsas para trasladaros lo que querais (calzado, ropa, frontales, baterías, comida…) a distintas partes del recorrido. Como novedad, en la salida, junto con el dorsal, os daremos 3 bolsas:bolsa2

  • A. La bolsa naranja que la llevaremos al km 25 (avituallamiento de Valle Inclán)
  • B. La bolsa azul, a la cena, en el Alto de Guiende, km 46
  • C. La bolsa blanca, a Pazos, km 86.

Crear tu estrategia y piensa qué material quieres que te llevemos a cada uno de los puntos. Desde esos avituallamientos las bolsas las llevaremos de vuelta a Pobra, lugar de salida/llegada, y estarán disponibles a medida que se vayan cerrando los controles.
Todas las bolsas las trasladaremos de vuelta a Pobra.

5. La salída y la llegada. Está en la Praza Maior na Pobra do Caramiñal, en este lugar: (42°36’24.6″N 8°56’15.7″W). Hay diversos lugares para aparcar y dejar el coche, pero este quizás sea el aparcamiento más cómodo. Si vienes en bus, tienes una parada muy cerca, a menos de 400 metros.

La entrega de dorsales y bolsas, será entre las 14.30h y las 16.30h. En ese mismo periodo de tiempo es cuando nos tienes que entregar tus bolsas naranja, azul y blanca con lo que quieras que te llevemos a cada recorrido. Por favor, ten en cuenta cual es tu número de dorsal porque habrá 5 colas (del 1 al 50, del 51 al 100, del 101 al 150, del 151 al 200, y del 201 al 250).

En la llegada habrá duchas (a partir de las 0.00h). Si llegas muy pronto o abandonas durante la noche puedes reposar en una carpa al lado del local de las duchas. Pero recuerda que las bolsas con tus pertenencias se retorna a Pobra conforme los controles donde se encuentran se cierran, así que prevee esta situación. Hay playas cerca por si quereis daros un chapuzón.

A partir de las 12.30h aprox. empezará el ambiente, con animación y acceso a cerveza y agua. Y a partir de las 14.00h comida de confraternización entre voluntarios y participantes. Los años pasados fue un éxito, y recomendamos que no te la pierdas.

6. El teléfono de emergencias durante la prueba es el 644 458 898 y dispone de whatsapp. Este teléfono se debe utilizar únicamente para emergencias. Ejemplos de emergencias. Me perdí y no sé regresar; desaparecieron marcas; tengo una emergencia sanitaria; veo un incendio forestal; y cualquier otra incidencia que consideres una emergencia. El teléfono comenzará a estar operativo el día de la prueba a las 17h.

7. Si no te queda más remedio que abandonar la prueba por cualquier circunstancia, hazlo en algún control/avituallamiento. Estos se encuentran cada 10km y ayudas mucho a la organización abandonando allí y no en cualquier otro lugar. Desde el avituallamiento se te acercará a la salida/llegada na Pobra.
**NOTIFICA SIEMPRE TU ABANDONO A PERSONAL DE LA ORGANIZACIÓN**. Además, es en la llegada de a Pobra donde se te darán los regalos. No podemos garantizar que no tengas que esperar un rato hasta que te traslademos a Pobra.

8. MARCAS. Hay 4 tipos de marcas.marcas

  • A. En superficie: puntos (flechas) naranja e azul (pintura eco, desaparece en 20-30 días…)
  • B. Colgadas: 2.400 cintas blanquirojas reflectantes
  • C. Durante el tramo de noche para la mayoría de participantes (km. 25 al km. 80) habrá 2.000 barras fluorescentes indicando el camino. La barras no son luces, por lo que no esperes que sean totalmente visibles en la distancia; pero sí son totalmente reconocibles a 30 metros.
  • D. Postes de “siga el dedo” y de punto km. cada 5 km. Además, cada km está marcado el punto kilométrico (con precisión +/- 100m)

Somo conscientes de que hay gente o vacas (en el monte) que quitan cintas, o que quitan postes… Es lo que hay, pero aún así intentaremos hacer un seguimiento el mismo día de todas las zonas que pensemos que pueden tener algún problema.

9. Más información actualizada. Lee nuestro Facebook antes del día de la prueba. Ahí colgamos la última información, y puede ser un punto de encuentro para las dudas. Por supuesto, también nuestra web.

10. Queda totalmente prohibido contaminar. Procuramos limitar el impacto ambiental de una prueba como esta, por lo que cualquier participante que veamos que tira basura al suelo, será automáticamente descalificado.

11. WC. Habrá servicios higiénicos en los avituallamientos de Noia (km 53), Minas de San Fins (km 63), Pazos (km 86) y A Pobra (km 100)

12. Seguimiento de los participantes. Por primera vez vuestros familiares, amigos, fans y seguidores podrán seguir en tiempo real vuestras andanzas por el Barbanza, a través de la web . Desarrollamos una aplicación propia, y en cada punto de control actualizará en tiempo real nuestra base de datos con tiempos, por lo que, introduciendo el dorsal, pueden saber dónde te encuentras o qué tiempo estás realizando.

También, subiremos fotos a nuestro facebook y al Twitter con hastag #os100.

13. Seguro. Aquellos que no estais federados vais a estar asegurados con un seguro de Allianz de accidentes.

14. Por último, recuerda que los 100km son sobre todo cosa de coco. No te desesperes. Seguimos recomendando el post que escribió Fernando, un experto en pruebas de este tipo.

Hay un equipo de más de 50 voluntarios que no va a dormir para ayudare a llegar de vuelta a Pobra. Puede que algo no salga bien, pero ten la seguridad que llevamos muchas semanas trabajando para que todo salga perfecto.

Mucho ánimo, que haga un día hermoso para hacer los 100km y nos vemos el sábado 25.

La organización!