Hai unha manchea de actividades de lecer para os acompañantes ou mesmo para os participantes se se animan a chegar uns días antes, ou desexan recuperarse tranquilamente durante uns días na zona.
Unha das actividades posibles é facer un dos cursos de navegación na Ría de Arousa, da man do Club Náutico Pobra. Máis info:
Aparte, dende os miradores da Curota, vendo os cabalos e vacas salvaxes na serra do Barbanza, ata as praias, pasando polos castros de Punta Ostreira ou a Croa de Postmarcos, ata un paseo pola vila, coa Casa Grande de Aguiar, o barrio dos Cataláns, ou a igrexa de estilo gótico mariñeiro de Santiago do Deán, as posibilidades son ilimitadas.
Algunhas páxinas con información: