Tramo 10 (e último): Da Portela á Pobra

Todo costa abaixo! Xa se ule a chegada, e nuns metros, tamén se vai ver, alá abaixo. Ata case se pode ir a rolos.  Por iso tedes que ter coidado!  Logo de algo menos dun par de quilómetros, e pasado un campo de muíños eólicos, ao comezar a divisar o porto da Pobra, comeza un descenso algo técnico onde cómpre prestar atención. En menos de 2 km pasamos dunha altura de case 500m no Petón do Currumil a 75 m de altura en Entrerríos.

Ao chegar a Entrerríos comezamos a seguir o río Pedras, cruzándoo primeiro por uns pasais (nos 100 sempre hai pasais, xa sabedes…), o camiño vai achegándose ó final.  Os últimos 2,5km son case todos por pistas pavimentadas.  Entramos no casco urbano a rentes de dous pazos (o Pazo do Couto e a Casa Grande de Aguiar) e da Igrexa de Santiago do Deán. Cruzamos a estrada por un paso de peóns e chegamos ós 100, onde vos estaremos agardando cun sorriso e a medalla de finisher!!

Tramo do 92 ó 100:

  • Distancia: 8 km
  • Incremento acumulado de elevación: +65 m
  • Pérdida acumulada de elevación: -550 m
  • Elevación media: 244 m
  • Elevación mínima: 3 m
  • Elevación máxima: 512 m

Algúns lugares interesantes no tramo:

 

Perfil

tramo0-desnivel

Mapa global na península do Barbanza

tramo0-global

Mapa específico do tramo

tramo0-mapa

Fotos

[Ver tramo previo, de Pazos á Portela]