O quinto tramo, que tamén se percorrerá de noite é todo de baixada, abandonando o alto da Serra do Barbanza e chegando á vila de Noia, a nivel do mar na ría de Noia. Logo de cear, baixarase por riba das canteiras de Tállara e a continuación pola divisoria dos concellos de Lousame e Noia, nunha zona cun notable desnivel (zonas con pendente do 20%, menos mal que son de baixada). No intervalo dun quilómetro descéndense 150m.
Pásase moi preto da Pedra da Moura, de Argalo, para chegar a Sobreviñas polo antigo Camiño Sacramental. Descéndese dende aquí nun tramo de 500 a carón da estrada (coidado!) ata a Ponte de Grande de Noia. Entramos no casco urbano de Noia e achegámonos ata a Praza do Tapal, onde se atopa a Igrexa de San Martiño. Voltaremos a cruzar o río de San Xusto para entrar no barrio de San Lázaro, onde se atopa o campo de fútbol da vila e lugar do avituallamento. (Nota: avituallamento con servizos hixiénicos).
- Tramo: Do km 46,4 ó km 53,0
 - Distancia: 6,6 km
 - Incremento acumulado de elevación: +74 m
 - Pérdida acumulada de elevación: -513m
 - Elevación media: 210m
 - Elevación mínima: 1m
 - Elevación máxima: 462m
 
Algúns lugares destacados neste tramo son:
- Cova da Moura (ou Anta de Argalo) – pásase preto
 - Camiño Sacramental de Sobreviñas
 - Pazo da Pena de Ouro
 - Ponte Grande de Noia
 - Praza do Tapal e Igrexa de San Martiño
 
Perfil

Mapa global na península do Barbanza

Mapa específico do tramo

Fotos
![]()  | 
![]()  | 
|---|---|
 ![]()  | 
 ![]()  | 
 ![]()  | 
 ![]()  | 
 ![]()  | 
 ![]()  | 
 ![]()  | 
 ![]()  | 
[Ver o tramo anterior, da Portela ó Alto de Guiende]
[Ver o tramo seguinte, de Noia ás Minas de San Fins]









