Este segundo tramo ten duas seccións ben diferenciadas: Nun primeiro momento baixa ata o val do río Artes e segue a senda fluvial durante 5km nun percorrido virtualmente chan. Posteriormente empeza a coller altura e pasa dos 80 msnm ata os 355 msnm en menos de 3km. As vistas do miradoiro da Curotiña, coa estatua de Valle Inclán, van facer que a segunda etapa remate cunha das mellores vistas de Galicia.
- Do km 14,7 ó km 24,7
- Distancia:10 km
- Incremento acumulado de elevación: +385 m
- Pérdida acumulada de elevación: -189m
Os lugares a destacar neste tramo son:
- Miradoiro de San Alberte, con vistas á ría de Arousa, a Ribeira, e ás dunas de Corrubedo
- Muiño da Correa
- Senda fluvial do río Artes
- Vistas sobre a fervenza do río San Amedio
- Miradoiro de Valle Inclán
Perfil
Mapa global na península do Barbanza
Mapa específico do tramo
Fotos
[Ver o tamo previo, da Pobra a San Alberte]
[Ver o tramo seguinte, do miradoiro de Valle Inclán á Portela]