A 9ª Andaina Bisbarra do Sar, é a primeira proba da tempada da Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo. Celébrase nos concellos de Padrón e Rois o sábado 9 de abril de 2016.
Os toxos en flor nunha primavera a cachón, modelada por un percorrido en boa parte inédito polas terras do Sar é a proposta que fai a Asociación Colectivo Remonte.
Unha das andainas de 50km que logra acadar máis participación, ten tamén as duas modalidades: Andaina (andando) ou ultratrail (correndo). Con prezos populares, os menores de 15 anos que se anoten antes do 9 de Marzo non terán que pagar.
- Qué? Proba (correndo ou andando) de 50km
- Cando? Sábado 9 de abril de 2016
- Onde? Concello de Padrón
- Máis info? Web da andaina
- Por que a recomendamos? Polo percorrido, por ser unha referencia nas probas de 50 e polos callos ó final da proba.