O terceiro tramo comeza rodeando o cumio da Curota: Descende 80 metros para logo ter unha das rampas máis duras de toda a proba: En pouco máis dun quilómetro pasa dos 290 msnm ata os 464 msnm, con rampas de ata o 30%. Logo suavízase, e nos 5 km restantes, apenas ten un desnivel de 70 metros. Case toda a etapa percorre pistas de terra (uns 5km), así como sendeiros (2km); un pequeno treito é de asfalto (1km).
Os panoramas son moi bos, ademáis de estar a rentes de vacas e cabalos semisalvaxes.
- Do km 24,7 ó km 32,7
- Distancia: 8 km
- Incremento acumulado de elevación: +317 m
- Pérdida acumulada de elevación: -183m
Os lugares a destacar neste tramo son:
- Fonte do Rañadoiro
- Curro das Canizadas
- Río Barbanza
Perfil
Mapa global na península do Barbanza
Mapa específico do tramo
Fotos
[Ver o tramo anterior, do Miradoiro de San Alberte ó Miradoiro de Valle Inclán]
[Ver o tramo seguinte, da Portela ó Alto de Guiende]