PECHADO O PRAZO DE INSCRICIÓN
A inscrición será posible realizala entre a terceira semana de xaneiro de 2016 e o 17 de xuño. O coste da inscrición dependerá de cándo se realice, dacordo co seguinte cadro:
Data de inscrición | Coste da inscrición |
---|---|
Entre 18/1/2016 e 29/2/2016 | 40 € |
Entre 1/3/2015 e 7/6/2016 | 55 € |
Entre 8/6/2016 e 17/6/2016 | 75 € |
Non se permitirá ningunha inscrición por motivos loxísticos e de seguro despois das 24h do 17 de xuño. Podes ver o listado provisional de inscritos.
A inscrición realizarase mediante a pasarela de Paypal (mediante unha conta de PayPal, ou se non dispón dela, mediante tarxeta de crédito) que estará disponible a partir do 18/1/2016. Realizando a inscrición o inscrito acepta as condicións e regulamentos da proba. Inscribe a un participante cada vez. Para inscribir a máis participantes, repite a operación.
Na páxina de PayPal, lembra dar a “Añadir” a “Nome usado no formulario de inscrición” para saber nós a nome de quen estás a pagar.
Realizando a inscrición consentirá que os seus datos estean incluídos nun ficheiro inscrito na AEPD coa finalidade de informalo da proba dos 100km dos ITBS ou doutras probas que se poidan organizar. Pode exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos mediante unha mensaxe na páxina de contacto.
Tamén consinte a utilización da súa imaxe en fotografías realizadas durante a proba.
Unha vez premas en ENVIAR, agarda uns momentos: aparecerá o botón de PayPal. Se tes problemas, envíanos un correo a web@itrekkers.org.
Algúns usuarios reportaron algúns problemas utilizando Internet Explorer, que cremos solucionados. En calquera caso, recomendamos Google Chrome, Mozilla Firefox ou Opera.
Cubre o formulario e pulsa enviar.