Tramo 4: A Portela – Alto de Guiende

O cuarto tramo, que se percorrerá de noite (agás para uns cantos corredores que irán adiante de todo), ten duas paisaxes diferentes: Por un lado, as Chans do Barbanza, unha planicie a case 600m de altura sen apenas desniveis, e cuberta por unha alfombra vexetal pero sen apenas ningún árbore. A base militar de Iroite (EVA nº 10) vese ao fondo coma un faro.  Por outra, a famosa “Balconada do Iroite”, con espectaculares vistas sobre a ría de Noia, especialmente sobre todo o concello de Porto do Son. Ao comezo da Balconada pasarase a rentes dun famoso dolmen, a Casota do Páramo.

É neste tramo onde se acada o punto máis alto da proba, os 574 msnm. O tramo rematará cunha baixada de 130m, ata chegar onde vai ser a cea, sobre a aldea de Guiende.

  • Tramo: Do km 32,7 ó km 46,4
  • Distancia: 13,7 km
  • Incremento acumulado de elevación: +329 m
  • Pérdida acumulada de elevación: -378m
  • Elevación media do tramo: 537m
  • Elevación mínima: 442m
  • Elevación máxima: 574m (elevación máxima dos 100km)

Algúns lugares destacados neste tramo son:

Perfil

tramo4-desnivel

Mapa global na península do Barbanza

tramo4-global

Mapa específico do tramo

tramo4a-mapatramo4b-mapa

Fotos

Saíndo da Portela Chans do Barbanza
 Co Iroite ó fondo  Casota do Páramo
 Base militar no Iroite  Balconada de Iroite
 Balconada de Iroite  Balconada de Iroite

[Ver o tramo anterior, do miradoiro de Valle Inclán á Portela]

[Ver o tramo seguinte, do Alto de Guiende a Noia]